mango

     manuel 4               

                           mango
Nace das palmeras

e unha froita tropical

i brios tipoas

se fan helados postres ,etc...
 Imagen relacionada

COCIÑA DE MEDO!

https://www.youtube.com/watch?v=kd8N1XEn3XA&feature=youtu.be
Os nosos cociñeiros máis pequenos estiveron a preparar una Cociña de Medo!. Escobas de bruxa, con queixo e paliños de pan, Caretos de Pantasma,con  galletas, dedos de morto, con salchichas,tomate-sangue e pan, ovos de dinosaurio tinguidos de cores.....Toda a imaxinación ao poder destilada para acercar a cociña a estes cativos que , como non puido ser doutra forma ....Coméron todo o que prepararon!
E neste vídeo vai un resumo da nosa experiencia culinaria e do felices que somos en Camos cando cociñamos! Facede clic na imaxe para acceder ao vídeo.

OS PASTELEIROS DE CAMOS

Este  Entroido en Camos os máis pequenos luciron uns traxes de pasteleiros de Camos elaborados pola mestra. A través de numerosos obradoiros  que se fixeron ao longo do curso, estes pasteleiros miúdos desfrutaron da cociña e dos distintos sabores, sobre todo do doce.
O traballo destes disfraces foi moi laborioso e cheo de detalles como podedes observar nas distintas fotos que vos queremos plantexar.
Este disfraz quere formar parte das diversas actividades en torno ao plan proxecta e a alimentación que se foron realizando no ceip da cruz Camos ao longo do curso.

DISFRACES DOS PASTELEIROS DE CAMOS on PhotoPeach

PRESENTACIÓNS DE FROITAS




O profe Bruno buceou en internet e preparou para os nenos unha serie de Presentacións de Froita de modo que a súa vista fose tan atractiva que ninguén fose capaz de resistirse a probala. De como vemos a comida, de cómo nola presenten depende tamén de que poidamos disfrutala, e por iso aquí van unha chea de ideas para  as familias para que poidan  ter sempre unha forma divertida para que os nenos tomen moitas vitaminas e teñan unha alimentación saudable. Amosámosvos a nosa recopilación para que vaiades tomando nota!


PRESENTACIÓNS DE FROITAS on PhotoPeach

O BAILE DOS VEXETAIS

A mestra Adela preparou cos maiores do colexio o Baile " Come Vegetales", de Casi Creativo, que é un rap moi marchoso e divertido que nos fala das vitaminas que teñen os vexetais e de cómo é importante que a metade do plato que comamos teña este alimento . Con moito ritmo e marcha, as rapazas inventaron a coreografía, que estiveron ensaiando durante semanas na sesión de música, e este é o resultado final da mesma.
Facede clic na imaxe e poderedes ver que artistazas temos na clase de sexto!!!!

CITA A CEGAS COA FROITA:DEGUSTACIÓN

http://www.edu.xunta.gal/centros/cepdacruz/?q=node/662
A mestra de terceiro de primaria preparou una actividade de degustación que consistía en tapar os ollos e adivinar a froita que estaban a probar.
No plato ,diante de cada neno había todo un abano de cores e sabores a degustar. Foi unha actividade moi divertida e sabrosa xa que as froitas eran caseiras .
Aprendemos tamén a importancia de incorporar a nosa dieta frecuentes porcións de froita , pois iso permítenos estar máis sans e crecer fortes con vitaminas.
Facede clic na imaxe para abrir o vídeo no que está colgado este experimento.
Qué rica está a froita!
 

RECEITAS DE COCIÑA GALEGA

Os rapaces e rapazas de 4º curso fixeron una actividade coa súa mestra que consistía en escribir unha receita de cociña de comida típicamente galega. Con axuda dos maiores todos elaboraron a súa receita e a decoraron con agarimo. Así que si tedes que cociñar e non se vos ocurre ningunha idea aquí vos van pistas para cociñar ben a comida que máis nos gusta.